Pasar al contenido principal

Abre o prazo de inscrición para a rota de sendeirismo polo río Miño dentro do programa de Lugo Cultural

A Vicerreitoría de Cultura da USC abriu o prazo de inscrición para participar na actividade Pegadas, consistente nunha rota de sendeirismo no marco do Miño, dende o parque Rosalía de Castro ata o campus, que se celebrará o día 16 de decembro.
Esta iniciativa enmárcase dentro do programa de outono de Lugo Cultural e consiste nun percorrido por esta zona cun obxectivo de coñecemento e denuncia. Esta mesma rota repetirase outras tres veces, unha en cada estación do ano, sendo esta a primeira.
O paseo terá unha duración de tres horas e estará amenizado por catro músicos. Actuarán como lazariños Xurxo de Viveiro e Eduardo Ochoa.
A inscrición, totalmente gratuíta, pode realizarse na oficina de Lugo da Vicerreitoría de Cultura, situada na praza Pío XII, entre as 9:00 e as 14:00 horas.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 05.12.2007.