Pasar al contenido principal

O enxeñeiro técnico en Informática de Sistemas pola USC José Alberto Domínguez Illobre obtén o Terceiro Premio Nacional de Fin de Carreira que concede o Ministerio

José Alberto Domínguez Illobre (Santiago de Compostela, 1985), enxeñeiro técnico en Informática pola Universidade de Santiago, acadou o Terceiro Premio Nacional Fin de Carreira para Estudos de Educación Universitaria que concede o Ministerio de Educación e Ciencia. Este premio recoñece os mellores expedientes de España en cada titulación do mapa de estudos universitarios.
Domínguez Illobre iniciou os seus estudos de Enxeñería Técnica en Informática de Sistema na Escola Técnica Superior de Enxeñaría da USC no curso 2003-2004. No ano 2005 desenvolveu labores de programación e administración de sistemas na empresa Dygra Films. Un ano despois presentou o seu Proxecto Fin de Carreira que desenvolveu no seno do Grupo de Sistemas Intelixentes do Departamento de Electrónica e Computación da USC.
Na actualidade, continúa os seus estudos de Enxeñaría en Informática na Facultade de Informática de Universidade da Coruña.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 11.12.2007.