O grupo de investigación 'De Conflicto Legum' presenta este venres en Dereito tres novas monografías da súa colección
O grupo de investigación ‘De Conflicto Legum’ presentará este venres 14 no Salón de Graos da Facultade tres novas monografías xurídicas publicadas en 2007 dentro da colección do mesmo nome. O acto dará comezo ás 12:00 horas coa participación dos autores das monografías, entre os que se atopa o director da colección, Santiago Álvarez, que fará un balance dos títulos publicados ata o momento e exporá as novidades da colección para o vindeiro ano.
Os títulos que se presentarán neste acto son Estudios de Derecho interregional, de Santiago Álvarez González, catedrático de Dereito Internacional Privado da USC; Actualización y desarrollo del sistema de Derecho interregional, de Albert Font i Segura, profesor titular da Universidade Pompeu Fabra de Barcelona; e La OPA Transfronteriza, de Miguel Ángel Michinel Álvarez, profesor da Universidade de Vigo. Nesta presentación , os autores realizarán unha exposición para o gran público respecto do contido das súas monografías.