Pasar al contenido principal

Presentación na Casa de Galicia en Madrid do libro de Ricardo Gurriarán Ciencia e conciencia na Universidade de Santiago (1900-1940)

De esquerda a dereita: o vicerreitor de Relacións Institucionais, Lourenzo Fernández Prieto; o director da Casa de Galicia, Alfonso Palomares; o presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón...
De esquerda a dereita: o vicerreitor de Relacións Institucionais, Lourenzo Fernández Prieto; o director da Casa de Galicia, Alfonso Palomares; o presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón...

O libro de Ricardo Gurriarán Ciencia e conciencia na Universidade de Santiago (1900-1940) presentouse este mércores 12 na Casa de Galicia en Madrid. Na presentación interviron o vicerreitor de Relacións Institucionais, Lourenzo Fernández Prieto, o presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares Paz, o director da Casa de Galicia, Alfonso S. Palomares, e o propio autor.
A obra reconstrúe e analiza as estruturas de investigación científica que se conformaron en Galicia antes da Guerra Civil, indagando sobre a súa organización, as redes de formación creadas, o seu asentamento e a súa liquidación, así como os itinerarios dos investigadores e do caudal humano que saíra destes centros.
No seu conxunto e segundo afirma o autor, a obra demostra que o momento científico de máximo esplendor da institución compostelá naquela época abrangue de 1930 a 1934 coincidindo coa chegado de profesorado mozo, a II República e a xestión do reitor Rodríguez Cadarso. “Será neste momento cando a Universidade de Santiago vai mudar cara a unha modernización institucional, conectando coa comunidade científica internacional libre de corsés ideolóxicos”, apunta Gurriarán.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 13.12.2007.