Pasar al contenido principal

O grupo Os Pechuguitas actúa nas Noites musicais da Condesa

A banda Os Pechugitas que lidera Santiago Muíños (voz e guitarra) actuará este martes 18 na Residencia Universitaria Monte da Condesa. No concerto, que terá lugar a partir das 22:30 horas na Sala da Columna, ofrecerannos un percorrido pola canción moderna de autor na que incluirán tamén temas de colleita propia.
Os que asistan ao recital, de entrada libre, compartirán unha ollada fresca e renovada ao legado de músicos como Silvio Rodríguez ou Caetano Veloso, coidadosamente fusionada con pinceladas de música electrónica.
O concerto inclúese na programación As noites musicais da Condesa, organizadas pola Bolsa de Música da R.U. Monte da Condesa e que contan coa colaboración e financiamento da Vicerreitoría de Cultura da USC.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 18.12.2007.