Pasar al contenido principal

Clausurouse o Máster de Dirección e Xestión de Comercio Exterior

A clausura do master celebrouse no Salón Nobre do Colexio de Fonseca
A clausura do master celebrouse no Salón Nobre do Colexio de Fonseca

O vicerreitor de Oferta Docente e Espazo Europeo de Educación Superior, Máximo Pló, presidiu este mércores 19 o acto de clausura do XVI Máster de Dirección e Xestión de Comercio Exterior e a primeira edición do curso de experto en Asesoramento e Consultaría de Comercio Exterior que organiza a USC coa colaboración da Xunta de Galicia. Nesta sesión tamén interviu a directora xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información da Xunta de Galicia, Elena Veiguela.
Na xornada, que se celebrou no Salón Nobre do Colexio de Fonseca, o director de Exportacións da empresa Televés, Ramón Bermúdez, foi o encargado de pronunciar a conferencia de clausura de ambos os dous posgraos.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 18.12.2007.