Pasar al contenido principal

Presentación do XXXV Congreso da Asociación Europea de Psiquiatría Xeriátrica

O XXXV Congreso da Asociación Europea de Psiquiatría Xeriátrica desenvolverase na Facultade de Medicina da USC entre os vindeiros días 20 e 23 baixo o lema ‘O progreso dos peregrinos: o camiño cara unha mellor atención en Psiquiatría Pediátrica’.
O programa deste encontro presentarase en roda de prensa este mércores 6 nun acto que se celebrará na Sala de Xuntas do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) a partir das 11:00 horas coa participación do vicerreitor de Comunidade Universitaria e Compromiso Social, José M. Mayán Santos; do director operativo do CHUS, Félix Rubial, e do organizador do encontro e responsable da Unidade de Psicoxeriatría do CHUS, o profesor da USC Raimundo Mateos.
De xeito paralelo á celebración do congreso desenvolveranse tamén a XV Reunión da Sociedade Española de Psicoxeriatría e o VIII Congreso da Asociación Portuguesa de Xerontopsiquiatría.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 05.06.2007.