Pasar al contenido principal

Expertos reúnense en Vigo no III Seminario Internacional de Biomasa Forestal Primaria e Electricidade Verde

O evento está organizado polo profesor da EPS e director da Asociación Forestal de Galicia, Francisco Dans del Valle

Expertos de varias rexións europeas reúnense este venres, día 8, en Vigo con motivo da celebración do III Seminario Internacional de Biomasa Forestal Primaria dirixido polo profesor do departamento de Proxectos da Escola Politécnica Superior do Campus de Lugo e director da Asociación Forestal de Galicia, Francisco Dans del Valle.
Este seminario enmárcase no proxecto de cooperación Enersilva que se desenvolveu en varias rexións europeas para a promoción da biomasa forestal con fins enerxéticos, en especial no relacionado coa actividade de formación.
O Club Financeiro de Vigo acollerá a exposición dos principais resultados do traballo dos equipos internacionais das seis rexións involucradas, Aquitania, Cataluña, Galicia, País Vasco e Centro-Norte de Portugal. Os asistentes tamén discutirán sobre as posibilidades da biomasa como recurso sostible capaz de xerar enerxía eléctrica en centrais de última xeración, incluíndo a análise das condicións técnicas, económicas e políticas que poden dar soporte ao desenvolvemento deste novo sector no sur de Europa.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 07.06.2007.