Pasar al contenido principal

A USC publica un novo informe sobre a situación tecnolóxica do software libre

A Universidade de Santiago de Compostela vén de facer público o seu VI Informe sobre a situación tecnolóxica do software libre, maio-xullo de 2007, coordinado polo profesor Departamento de Electrónica e Computación da USC Tomás Fernández Pena, no que se recolle a posta en marcha dun gran número de novas distribucións de GNU/Linux realizadas durante os últimos tres meses.
Ademais, neste texto sublíñase que, no caso galego, a principal novidade é o emprego do software libre na creación de robots por parte do equipo de robótica do Grupo de Sistemas Intelixentes do Departamento de Electrónica e Computación da USC.
A este avance hai que sumarlle outros a nivel mundial como son a creación de drivers de software libre para 235 webcams preparados por un programador francés e o ascenso até o 77% do emprego de GNU/Linux entre os principais supercomputadores.
O informe tamén recolle que segue desevolvéndose o PHP xunto coa da biblioteca multiplataforma Qt, Qtopía e Qt Jambi 4.3, ao que hai que unirlle a aparición da ferramenta de Intel para o aforro de enerxía, o PowerTop.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 30.07.2007.