Pasar al contenido principal

O vicerreitor de Estudantes e Internacionalización, membro do Comité executivo da CRUE

Víctor Arce
Víctor Arce
Víctor Arce traballará na área de mobilidade, organización e participación estudantil
Santiago de Compostela

O vicerreitor de Estudantes e Internacionalización, Víctor Arce Vázquez, foi nomeado membro do Comité executivo da CRUE na área de mobilidade, organización e participación estudantil no pleno celebrado o pasado xoves 16 de xaneiro na Facultade de Psicoloxía da Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED). Este encontro tiña como principais obxectivos abordar temas como o fomento de bolsas e axudas ao estudo; ampliación das mobilidades SICUE a programas de Máster de máis dun ano; a posta en marcha da segunda edición de UNIferia, que incorpora estudos de Máster; o convenio co Consello Superior de Deportes ou as prácticas académicas externas.

Arce ocupará a presidencia do grupo de traballo na área de mobilidade, organización e participación estudiantil  e o seu labor estará centrado en avanzar en cuestións relativas a criterios de acceso á Universidade, prácticas, mobilidade, emprendemento e empregabilidade. “Este ano por primeira vez o programa SICUE incluirá mobilidade para programas de máster de máis dun ano de duración, que xa se anunciará na convocatoria para o vindeiro curso académico”, sinala.  “A experiencia de vivir e estudar fóra reporta ademais grandes beneficios ao alumnado que participa en programas de mobilidade e incide nos denominados `soft skills´, que son outras competencias alén do ámbito académico que fomentan o pensamento crítico, a capacidade analítica e o traballo en equipo”, engade.

Crue–Asuntos Estudiantís foi creada en 1996 co fin de promover a coordinación das actividades e propostas relativas ao ámbito estudantil entre as universidades. Conta con grupos de traballo sobre: bolsas, deportes, diversidade e discapacidade, emprego, orientación ao estudante, e mobilidade e organización e participación estudantil.
 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 21.01.2020.