Pasar al contenido principal

USC e Leche Río desenvolverán lácteos funcionais

Leite
Leite
A presidenta do grupo leiteiro galego, Mª Carmen Lence, avanza xunto coa Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias o deseño de novos alimentos saudables e con maior valor engadido
Lugo

A Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias da USC (APLTA) e o grupo empresarial galego Leche Río colaborarán no deseño e desenvolvemento de novos alimentos lácteos funcionais que acheguen beneficios para a saúde dos consumidores, e que permitan implementar valor engadido á produción leiteira de Galicia.

A presidenta do Grupo Leche Río, Mª Carmen Lence, avanzou os proxectos do grupo empresarial que dirixe e que nos últimos anos se ten consolidado como a principal comprador de leite en Galicia, no marco dunha xornada de traballo desenvolvida nas novas instalacións de que dispón a Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias da USC na Rúa Montirón de Lugo.

Mª Carmen  Lence lembrou na súa primeira visita á nova sede la APLTA algunhas das liñas de traballo xa desenvolvidas Grupo Leite Río neste centro universitario durante a etapa de Jesús Lence, tal e como é o caso dos ‘Río frutas’, bebidas elaboradas a base de zume natural e leite.

Apoiada no éxito das colaboracións mantidas outra entre o Grupo Leite Río e a Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias da USC, Mª Carmen Lence sinalou que a estratexia de futuro pasa pola creación e desenvolvemento de novos produtos funcionais, acaídos para dar resposta ás novas demandas do mercado. “Queremos facer unha aposta clara por alimentos funcionais que incorporen novos beneficios para a saúde dos consumidores a maiores das propiedades do leite”.

A potenciación e posta en valor da calidade do leite producido nesta rexión constitúe outro dos obxectivos prioritarios de Mª Carmen Lence, quen entende que a marca Galicia, reforzada neste caso por un grupo empresarial de capital galego e polo prestixio da USC, constitúe un activo importante á hora de acceder aos mercados.

Á espera de definir liñas de acción concretas, a presidenta do Consello de Administración do Grupo Leche Río, resaltou as múltiples posibilidades técnicas e tecnolóxicas que ofrece a Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias ás industrias do sector, a expensas do seu tamaño ou actividade. “Hai moitos e moi diversos campos nos que é posible a colaboración coa APLTA. Hoxe vimos aquí cunha ‘lista da compra’ moi ampla e estou convencida de que os resultados van ser moi positivos”, dixo.

A vicerreitora de Coordinación do Campus de Lugo, Montserrat Valcárcel Armesto; a adxunta á citada Vicerreitoría para Investigación, Transferencia e Innovación, Elvira López Mosquera; o vicexerente do Campus de Lugo, Emilio Martínez Rivas, acompañados de diversos técnicos e responsables da Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias, tamén participaron na xuntanza de traballo celebrada hoxe coa presidenta e directivos do Grupo Leche Río.

Visita da presidenta e directivos do Grupo Leche Río á sede da Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias da USC
Visita da presidenta e directivos do Grupo Leche Río á sede da Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias da USC
Los contenidos de esta página se actualizaron el 05.02.2020.