Pasar al contenido principal

Aberto o prazo para realizar as probas de acceso á universidade para maiores de 40 anos con experiencia laboral e profesional

A avaliación da experiencia laboral e profesional estrutúrase en dúas fases obrigatorias. FOTO: Santi Alvite
A avaliación da experiencia laboral e profesional estrutúrase en dúas fases obrigatorias. FOTO: Santi Alvite
As solicitudes poderán presentarse ata o vindeiro 28 de febreiro
Santiago de Compostela

As probas de acceso á universidade para maiores de 40 anos son específicas para persoas que acrediten experiencia laboral e profesional relacionada co título de grao que desexen estudar. O prazo para a presentación de solicitudes mantense aberto ata o vindeiro 28 de febreiro. 

Cumprir, ou ter cumpridos, 40 anos antes do 1 de xaneiro de 2021; acreditar experiencia laboral e profesional relacionada co grao que se desexa realizar; superar unha entrevista persoal de adecuación da experiencia ao perfil do grao solicitado; e non posuír ningunha titulación académica para acceder á universidade por calquera outra vía, son os requisitos establecidos para poder concorrer nesta convocatoria. A avaliación da experiencia laboral e profesional estrutúrase en dúas fases obrigatorias. Para superar a avaliación hai que obter un mínimo de 4 puntos sobre 10 en cada unha delas.

Na primeira fase valorarse a experiencia laboral e profesional con ata 6 puntos; a formación con ata 2 puntos; o galego con ata 1 punto; e outros méritos con ata 1 punto. A segunda fase consta dunha entrevista persoal que pode ser valorada con ata 10 puntos. Os resultados da primeira fase publicaranse o 27 de marzo e as entrevistas realizaranse entre o 16 e o 17 de abril. A solicitude pode realizarse a través desta ligazón
 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 20.02.2020.