Pasar al contenido principal

Publicado o censo definitivo nas eleccións de representantes nas Xuntas de Centro e nos Consellos de Departamento

O período para a presentación de candidaturas manterase aberto entre o 28 de febreiro e o 10 de marzo. FOTO: Santi Alvite
O período para a presentación de candidaturas manterase aberto entre o 28 de febreiro e o 10 de marzo. FOTO: Santi Alvite
Tamén se acaban de facer públicos o número de postos elixibles
Lugo, Santiago de Compostela

O censo definitivo nas eleccións de representantes nas Xuntas de Centro e nos Consellos de Departamentos foi publicado este venres 28 e pode consultarse de xeito individualizado na páxina web da Secretaría Xeral. Asemade, tamén se fixeron público este venres o número de postos elixibles en cada circunscrición. 

O período para a presentación de candidaturas manterase aberto entre o 28 de febreiro e o 10 de marzo. O 12 de marzo terá lugar a proclamación provisional de candidaturas e a definitiva, o 20 de marzo. As votacións desenvolveranse o martes 31 de marzo dende as 9.00 ata as 19:00 horas. O procedemento electoral será de votación electrónica. 
 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 28.02.2020.