Pasar al contenido principal

O río Tinto en Huelva, a través da mirada da fotógrafa Begoña Sánchez

Un total de vinte fotografías impresas en lenzo de artista compoñen a mostra. FOTO: Santi Alvite
Un total de vinte fotografías impresas en lenzo de artista compoñen a mostra. FOTO: Santi Alvite
A mostra ‘Visiones’ está aberta ao público no Claustro Alto do Colexio de Fonseca ata o 27 de marzo
Santiago de Compostela

A fotógrafa  bilbaína Bego Sánchez reflicte mediante unha visión artística, a beleza do río Tinto en Huelva, plasmándoa en obras abstractas de aparencia pictórica que dende este martes 3 de marzo se exhibirán no Claustro Alto do Colexio de Fonseca. A inauguración da exposición desenvolveuse este martes e, na mesma, tomou parte, ademais da artista, a vicerreitora de Comunicación Cultura e Servizos, Mar Lorenzo Moledo, e Antonio de Ron Pedreira, delegado do CSIC en Galicia. 

Un total de vinte fotografías impresas en lenzo de artista compoñen a mostra. “Influenciada pola miña experiencia ante un microscopio, mergúllome mentalmente nos elementos do río para tentar captar a súa riqueza visual a través de imaxes abstractas. A modo de lenzo de artista, o sensor da cámara imprégnase do que a natureza pinta con vibrantes cores, formas e texturas. As miñas obras mostran un universo fantástico, unha experiencia visual dun río único no mundo e considerado homólogo  xeomicrobiolóxico do planeta Marte”, comenta a autora. A colección está patrocinada polo Concello de Minas de  Riotinto en Huelva e trátase dun proxecto fotográfico itinerante. 

Sobre a autora

Bego Sánchez é fotógrafa  bilbaína, licenciada en Ciencias Biolóxicas, natural de Guinea Ecuatorial e afincada en Sevilla dende 2013. A súa formación en fotografía é autodidacta, estudando a luz a través dos pintores clásicos e os mestres da fotografía. Nos seus inicios centrouse en fotografar Paisaxe Natural e Urbana así como Natureza, influenciada pola súa formación académica. Co tempo foi experimentando noutras disciplinas como a  Street  Photography, Fotografía Social e reportaxe Agropecuaria e Industrial. Na actualidade é fotógrafa profesional na área de Fotografía Comercial e Social. Ostenta a distinción de Artista 2019 pola Federación Andaluza de Fotografía.

A exposición estará aberta ao público no Claustro Alto do Colexio de Fonseca do 3 ao 27 de marzo de 2020 en horario de 11.00 a 20.30 horas. 
 

De esquerda a dereita, Antonio de Ron Pedreira, delegado do CSIC en Galicia; Mar Lorenzo, vicerreitora de Comunicación, Cultura e Servizos da USC; e a autora da mostra Bego Sánchez. FOTO: Santi Alvite
De esquerda a dereita, Antonio de Ron Pedreira, delegado do CSIC en Galicia; Mar Lorenzo, vicerreitora de Comunicación, Cultura e Servizos da USC; e a autora da mostra Bego Sánchez. FOTO: Santi Alvite
Los contenidos de esta página se actualizaron el 04.03.2020.