Aberta a convocatoria anticipada de doutoramento e mestrado universitario oficial para alumnado alleo ao EEES
A USC acaba de abrir ata o 17 de abril unha convocatoria anticipada de carácter especial e restrinxida de acceso a estudos de doutoramento e mestrado universitario oficial para alumnado con estudos de países alleos ao Espazo Europeo de Educación Superior (EEES) no curso 2020/2021. O obxectivo desta convocatoria é que este estudantado poidan ter un procedemento de admisión e matrícula con tempo suficiente para obter os permisos necesarios nos respectivos países de orixe antes de iniciar o curso académico en España.
Esta é unha convocatoria á que poderán concorrer persoas tituladas conforme sistemas educativos alleos ao EEES que teñan o título homologado a un título universitario oficial español. Tamén se poderá acceder sen necesidade de homologar o título, previa comprobación pola Universidade que o título da persoa interesada acredita un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios oficiais españois. O acceso por esta última non implica en ningún caso a homologación do título previo da persoa interesada.
Tanto para os estudos de mestrado como de doutoramento, a solicitude de admisión deberá presentarase antes do 17 de abril e deberá realizarse por medios electrónicos nas correspondentes ligazóns: http://www.usc.es/masteres ou https://www.usc.gal/gl/estudos/doutoramentos