Pasar al contenido principal

Elias J. Feijó Torres , novo decano de Filoloxía

Elias J. Torres Feijó. FOTO: Veríssimo Dias
Elias J. Torres Feijó. FOTO: Veríssimo Dias
É coordinador do grupo de investigación Galabra e foi vicerreitor de Cultura da USC entre os anos 2006 e 2009
Santiago de Compostela

O profesor Elias J. Feijó Torres   foi elexido novo decano da Facultade de Filoloxía por 79 votos a favor e 23 en contra, na votación celebrada o pasado 3 de marzo. Feijó Torres (Tui, 1964) é profesor titular do Departamento de Filoloxía Galega. 

Licenciado en Filoloxía Hispánica, o novo decano doutorouse con Premio Extraordinario en 1996 cunha tese sobre as relacións literarias e culturais de Galicia e Portugal. Elias J. Feijó Torres   é coordinador do grupo de investigación Galabra, investigador principal de varios proxectos de investigación e autor de artigos e monografías sobre literatura, cultura, narrativas e comunidades. 

Foi vicerreitor de Cultura da USC entre os anos 2006 e 2009, así como presidente da Associação Internacional de Lusitanistas (2008-2014) e director nese período da  revista Veredas. Profesor ou investigador visitante convidado en varias universidades, impulsa, igualmente, diversos movementos asociativos e de voluntariado. É, na actualidade, coordinador pedagóxico da Asociación Educativa Altair Galiza e director da súa Escola de Tempos Libres.
 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 11.03.2020.