Pasar al contenido principal

A USC formará parte de ‘Somos Científicos’ en maio de 2020

Vista web da Zona Titanio en 'Somos científicos'
Vista web da Zona Titanio en 'Somos científicos'
O investigador da USC Daniel Cajade Pascual participará coma experto nesta iniciativa educativa, cuxo obxectivo é fomentar a través de internet o interese pola ciencia e a tecnoloxía do alumnado de entre 10 e 18 anos

O investigador da USC Daniel Cajade Pascual foi seleccionado para participar como experto na edición de maio de 2020 de ‘Somos Científicos’. Como parte desta iniciativa, o traballo deste investigador do Departamento de Xeografía esta a ser divulgado entre estudantes de todo o Estado a través de Internet. O obxectivo desta edición de ‘Somos Científicos’, que se celebra entre o 4 e o 15 de maio, é seguir fomentando o interese pola ciencia, a tecnoloxía e a innovación entre o estudantado de 10 a 18 anos. Neste caso, o formato da actividade está adaptado á situación actual, polo que a participación será online. 

A iniciativa conecta aos estudantes con expertos en distintas materias, divididos en tres “zonas” ou grupos: Zona CSIC, Zona Mares Para Sempre e Zona Titanio, da que forma parte Cajade. Desde os seus fogares, os mozos e mozas participantes poderán coñecer aos investigadores e o seu traballo, e retarán a estes especialistas con todo tipo de preguntas sobre as súas áreas de estudo e outros temas de interese. Tras dúas semanas de actividade, os estudantes votarán ao seu experto favorito, que recibirá un premio a investir en máis divulgación.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 27.04.2020.