Normalización Lingüística impulsa un obradoiro de vídeos didácticos
Profesorado da Facultade de Farmacia participou na segunda sesión conxunta en liña dun curso no que se adquiren as destrezas básicas para elaborar un vídeo de calidade en lingua galega
Santiago de Compostela
Profesorado da Facultade de Farmacia da USC participou na segunda sesión conxunta en liña do ‘Obradoiro de elaboración de vídeos didácticos’, impulsado polo Servizo de Normalización Lingüística e pola Comisión de Normalización Lingüística do centro.
A finalidade desta iniciativa na que tomaron parte uns vinte docentes da Facultade é fomentar a adquisición das destrezas básicas para elaborar un vídeo de calidade en lingua galega. As pezas de mellor calidade pasarán a formar parte da colección de vídeos didácticos da Universidade, a cal acolle produtos audiovisuais útiles para a docencia e a divulgación coas que crear novas oportunidades de comunicación entre alumnado e profesorado.