Pasar al contenido principal

Silvia Moscoso Ruibal, reelixida como decana da Facultade de Relacións Laborais

Silvia Moscoso Ruibal. Imaxe de arquivo
Silvia Moscoso Ruibal. Imaxe de arquivo
Coordinou o Máster Interuniversitario en Xestión e Dirección Laboral dende 2014 ata 2019 e co dirixiu o Máster propio en Xestión de Recursos Humanos nas Organizacións ata 2018
Santiago de Compostela

A profesora da USC Silvia Moscoso Ruibal foi reelixida este venres como decana da Facultade de Relacións Laborais con 24 votos a favor e ningún en contra. Moscoso Ruibal é profesora de Psicoloxía do Traballo dende 2008, foi profesora convidada na Brunel University London e é decana de Relacións Laborais dende 2015. Coordinou o Máster Interuniversitario en Xestión e Dirección Laboral dende 2014 ata 2019 e co dirixiu o Máster propio en Xestión de Recursos Humanos nas Organizacións ata 2018.

Ten publicado arredor de medio cento de traballos, incluíndo artigos en revistas como Journal of Applied Psychology, Personnel Psychology, International Journal of Selection and Assessment, European Journal of Work and Organizational Psychology ou o European Journal of Personality. É tamén co autora de varios libros e capítulos de libros publicados en España e no estranxeiro.

Ademais foi investigadora principal e colaboradora en varios proxectos de investigación do Plan Nacional de I+D. É editora asociada do Journal of Work and Organizational Psychology e membro do comité científico do Journal of Occupational and Organizational Psychology e do International Journal of Selection and Assessment. Tamén foi coordinadora adxunta da ANEP para a área de Psicoloxía entre os anos 2012 e 2015 e pertence a varias sociedades científicas como a American Psychological Association, a Society of Industrial and Organizational Psychology ou a European Associaton of Work and Organizational Psychology.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 03.12.2019.