Pasar al contenido principal

Aberto o prazo de inscrición na escola de tenis

Ás pistas accederase pola porta lateral, respectando a distancia interpersoal. FOTO: Santi Alvite
Ás pistas accederase pola porta lateral, respectando a distancia interpersoal. FOTO: Santi Alvite
A práctica deste deporte estará sometida a estritas medidas de seguridade por mor da pandemia da COVID-19
Santiago de Compostela

O Servizo de Deportes da USC abre este xoves 10 de setembro o prazo de inscrición na escola de tenis de cara ao curso 2020-21, para todas as persoas usuarias, con independencia de que pertenzan, ou non á comunidade universitaria. Tal e como acontece con toda a oferta de actividades do Servizo, a práctica deste deporte estará sometida a estritas medidas de seguridade por mor da pandemia da COVID-19. Neste senso, a entrada á instalación para tomar parte nas actividades farase cunha antelación máxima de cinco minutos ao inicio da clase. Asemade, a duración das clases será de 50 minutos e os alumnos disporán de outros cinco para abandonar a instalación.

Ás pistas accederase pola porta lateral, respectando a distancia interpersoal, e depositaranse os aveños onde indique o profesorado, xa que os vestiarios-aseos permanecerán pechados. A instalación abandonarase pola recepción. Ademais, o persoal usuario debe acceder e desprazarase pola instalación con máscara e empregar o xel sanitizante na chegada e ao abandonar a instalación.

Acudir con roupa e calzado deportivo limpo; respectar na pista a distancia mínima de dous metros; realizar saúdos sen contacto; ou non cambiar de campo nin compartir o material propio, son outras das medidas establecidas.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 09.09.2020.