Pasar al contenido principal

O VIII Congreso Universidade e Cooperación ao Desenvolvemento bota a andar este mércores na USC

O encontro inaugúrase ás 15.30 horas no Paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia
Lugo, Santiago de Compostela

O VIII Congreso Universidade e Cooperación ao Desenvolvemento, punto de encontro bienal do traballo das universidades en materia de cooperación internacional, bota a andar este mércores na USC. Este congreso representa un punto de encontro das universidades para compartir experiencias e xerar oportunidades de novas aprendizaxes, alianzas e canalizar os retos que as interpelan.

No acto inaugural, que terá lugar a partir das 15.30 horas no Paraninfo da Universidade na Facultade de Xeografía e Historia, alén do reitor Antonio López, tomarán parte Pastora Martínez Samper da Universitat Oberta de Catalunya, directora do Observatorio da Cooperación; María Jesús Such Devesa da Universidade de Alcalá e presidenta do Grupo de Traballo CRUE-Internacionalización e Cooperación; José Luís Míguez, vicerreitor de Planificación e Sostibilidade da Universidade de Vigo; Pilar García de la Torre, vicerreitora de Internacionalización e Cooperación da Universidade da Coruña; e Jesús María Gamallo Aller, director Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea.

O foro está promovido polo Grupo de Traballo de Cooperación da Comisión Sectorial CRUE-Internacionalización e Cooperación e apoiado polo Observatorio da Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento (OCUD).

Los contenidos de esta página se actualizaron el 04.12.2019.