Pasar al contenido principal

A profesora de Dereito Constitucional Ana Gude Fernández, elixida nova decana de Dereito

Ana Gude, esta mañá na Facultade de Dereito. Foto: Santi Alvite
Ana Gude, esta mañá na Facultade de Dereito. Foto: Santi Alvite
Con anterioridade a esta nova responsabilidade, a profesora Gude xa ocupara diversas tarefas de xestión na Facultade
Santiago de Compostela

A profesora da área de Dereito Constitucional Ana Mª Gude Fernández acaba de ser elixida decana da Facultade de Dereito. Na xunta extraordinaria de centro celebrada este luns, dos 80 votos emitidos contabilizáronse 68 votos a favor e 12 en branco. Con anterioridade a esta nova responsabilidade, a profesora Gude xa ocupara diversas tarefas de xestión na Facultade como vicedecana de Organización Académica, así como secretaria e directora do Departamento de Dereito Público e Teoría do Estado, en etapas sucesivas.

Ana Mª Gude imparte docencia das materias ‘Dereito constitucional. Órganos do estado democrático’ e Dereitos constitucionais e liberdades públicas’. No ámbito da investigación forma parte do grupo de Dereito e cidadanía e as súa liña de traballo neste eido céntrase no Dereito parlamentario e nos dereitos fundamentais.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 05.12.2019.