Os vínculos entre xénero e xustiza, obxecto de análise no Paraninfo da USC
O reitor Antonio López abre este venres 8, ás 9.30 horas, un encontro impulsado por Xuíces e Xuízas para a Democracia e a Unión Progresista de Fiscais
Santiago de Compostela
Xuíces e Xuízas para a Democracia e a Unión Progresista de Fiscais impulsan este venres 8, no Paraninfo da USC na Facultade de Xeografía e Historia, a xornada ‘Xénero e Xustiza’, en cuxa apertura tomará parte o reitor Antonio López. O acto dará comezo ás 09.30 horas e enmárcase no encontro de novembro organizado por Maxistrados Europeos pola Democracia e as Liberdades (Medel).
A xornada incluirá diversos relatorios de expertos e expertas que abordarán os vínculos entre xénero e xustiza. Xa en quenda de tarde, os participantes realizarán unha visita cultural por Santiago de Compostela. Na mañá do sábado 9, a partir das 9.30 horas, terá lugar o encontro da asemblea xeral de Medel no Centro de Estudos Avanzados da USC.