Pasar al contenido principal

A sociedade de vivendas “La Constructora Benéfica”

Imaxe da construción das casas
Imaxe da construción das casas
As primeiras “Casas baratas” das que foi promotora Concepción Arenal

A Construtora Benefica foi o primeiro ensaio serio que existiu en España para resolver a cuestión das vivendas baratas co fin de mellorar as condicións de vida dos traballadores manuais, a maioría empobrecidos a pesar de ter traballo. 

A idea de formar esta sociedade promotora de vivendas partiu de Concepción Arenal e da Condesa de Espoz e Mina, e o motivo  foi o de facer efectivos dous importantes legados. Un de 30.000 pts. que a Condesa de Krasinscky, de nacionalidade austriaca, entregou en 1874 ao embaixador de España en Paris Salustiano Olózaga para que se destinasen a beneficio dos traballadores españois. O outro de 7.425 pts.  doados por Gertrudis Gómez de Avellaneda. A estas dúas cantidades sumábanse 13.478,30 pts. importe dunha subscrición feita en París por iniciativa de Salustiano Olózaga. Encargado da súa execución José Olózaga, irmán do embaixador, e coa cooperación da súa inspiradora Concepción Arenal fundouse esta asociación en Madrid o 28 de abril de 1875 nunha reunión celebrada no Concello baixo a presidencia do Conde de Toreno, alcalde por aquel entón da capital.
 

Imaxe do texto manuscrito
Imaxe do texto manuscrito
Detalle do texto
Detalle do texto

O obxectivo principal da Constructora Benéfica foi “contribuir a que en España se resuelva, o cuando menos se estudie prácticamente ... el problema de procurar, a la vez que el bienestar en lo posible del proletariado, su educación y moralización, sin los cuales en vano fuera que constribuyéramos a darle el bienestar material “, manifestado na Sesión das Cortes de 23 de novembro de 1976, na defensa dun proxecto de Ley para aprobar a Asociación “La Constructora Benéfica” con exencións fiscais para ela.

Desde a sua fundación hasta principios do sec. XX construiu vivendas en tres barrios - Barrio del Pacífico,  Barrio de Bellas Vistas (Cuatro Caminos), e Barrio de La Latina .

Hoxendía únicamente quedan en pé dúas desas vivendas na “Calle de La Caridad”.

Como sucedeu habitualmente o acción social e pensamento van da man en Concepción Arenal. Cando en 1885 publica El pauperismo fai unha dura crítica das condicións de salubridade das vivendas e aboga por actuar para mellorar as condicións habitacionais: 

“Ya sabemos que las leyes solas no lo pueden todo, ni aun mucho; no obstante, algo se haría con que la ley dictase reglas higiénicas para la construcción y para la habitabilidad, relevando de la obligación legal de pagar alquiler al inquilino de una casa que, bajo el punto de vista de la higiene, no estuviera en condiciones legales. Si los comestibles averiados se tiran sin indemnizar al vendedor, y antes penándole, ¿por qué ha de ser obligatorio el pago de habitaciones que sólo por ignorancia no se califican de tan perjudiciales como los alimentos malsanos?”
 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 13.10.2020.