Pasar al contenido principal

O proxecto Spin-Up, de impulso de novas iniciativas empresariais, presentarase a vindeira semana

O proxecto Spin-Up, de impulso de novas iniciativas empresariais, presentarase a vindeira semana
O proxecto Spin-Up, de impulso de novas iniciativas empresariais, presentarase a vindeira semana
Estimular a creación de empresas a través da transferencia de tecnoloxía das universidades e do tecido empresarial para a creación de novas empresas é o principal obxectivo deste proxecto
Santiago de Compostela

Estimular a creación de empresas a través da transferencia de tecnoloxía das universidades e do tecido empresarial para a creación de novas empresas. Este é o obxectivo principal do proxecto europeo Spin_Up, liderado pola incubadora de empresas da USC Uninova, que se presentará en Santiago o vindeiro luns 25 nas instalacións do Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CIMUS). Coa previsión de que o proxecto poida ofrecer apoio a 40 proxectos, a creación de 20 empresas spin-off ou start-up e xerar 40 postos de traballo de calidade, o proxecto busca o fomento da colaboración e complementariedade entre o mundo empresarial, a universidade e a administración na euro rexión Galicia- Norte de Portugal.

Neste evento de presentación, o conferenciante Javier Cebreiros impartirá unha conferencia que explora a importancia da comunicación para o emprendemendo. Doutor en Comunicación, Cebreiros colabora, entre outros, con medios de comunicación como Televisión Española (TVE) ou Atresmedia. Por outra parte, imparte formación en varias empresas, entre elas, INDITEX. Ademais, Javier Cebreiros é autor do libro Olvida tu lenguaje corporal, que acadou xa a súa quinta edición.

A inauguración da xornada de presentación de Spin_Up correrá a cargo do conselleiro delegado de Uninova e vicerreitor de Investigación e Innovación, Vicente Pérez Muñuzuri, e contará tamén coa presenza e participación doutras autoridades vinculadas a todos os socios. A xornada desenvolverase no Salón de Actos do CiMUS, na Avenida de Barcelona de Santiago de Compostela.

Outras entidades socias do proxecto son o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), a Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, a Asociación Área Empresarial do Tambre, a Universidade do Porto e ANJE (Asociación Nacional de Jóvenes Empresarios). As persoas interesadas en asistir deberán inscribirse previamente a través do correo info [at] spinup-project.eu (info[at]spinup-project[dot]eu), ou ben, no teléfono 986 419 922 (extensión 2031).

Los contenidos de esta página se actualizaron el 04.12.2019.