A II Feira da Innovación da USC bota a andar na Cidade da Cultura os días 27 e 28 de novembro

A II Feira de Innovación da USC, dirixida a alumando de secundaria e bacharelato, celebrarase na Cidade da Cultura, os días 27 e 28 de novembro. O público participante poderá coñecer de primeira man ao longo destas dúas xornadas, a diversa oferta docente, de investigación e de servizos que ofrece a Universidade.
Esta iniciativa contará cun espazo de atención ao estudantado para a resolución de dúbidas e ampliación de información relacionada coas titulacións da USC e a súa ampla oferta de servizos. Exhibicións e demostracións de carácter interactivo para achegar aos visitantes exemplos dos proxectos de investigación nos que a USC está a traballar serán outros dos elementos que nutrirán o programa desta feira.
A exposición de contidos vencellados a proxectos de Aprendizaxe-Servizo e a difusión das accións de voluntariado que a USC ten en marcha; así como unha mostra do inventario do Servizo de Publicacións da USC, completarán o programa.
De xeito paralelo ás seccións permanentes, a feira contará con relatorios divulgativos, a cargo do persoal docente e investigador da USC, que permitirán por o foco nas súas diferentes liñas de investigación.