Pasar al contenido principal

Sara Plaza gaña o 'Pérez Parallé' de poesía con 'Todos os pasos fan ruído'

Sara Plaza Moreno
Sara Plaza Moreno
O poemario seleccionado entre 76 obras forma parte do TFM presentado pola autora no mestrado en Dirección de Actividades Educativas na Natureza (DAEN), un traballo que tamén resultou galardoado na USC pola súa calidade lingüística
Lugo

Sara Plaza Moreno, alumna da edición 2019-2020 do mestrado en Dirección de Actividades Educativas na Natureza (DAEN) que se imparte na Facultade de Formación de Profesorado do Campus de Lugo da USC, acadou o  XXXIII Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé, un galardón instituído pola directiva do Círculo Mercantil e Industrial-Unidade de Fene en 1987 coa vontade explícita de honrar a memoria do Segrel do Penedo.

O xurado encargado de fallar este premio, cuxa entrega está prevista para o 21 de novembro, estivo formado pola poeta Lucía Novas, a crítica literaria Iris Cochón e Carlos Lixó, gañador do certame en 2017. Logo de analizar as 76 candidaturas presentadas a concurso este ano, o tribunal decantouse pola obra titulada ‘Todos os pasos fan ruído’, de Sara Plaza Moreno.

O poemario galardoado co XXXII Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé forma parte do Traballo Fin de Mestrado (TFM) elaborado por Sara Plaza para o mestrado DAEN baixo o título ‘Da escritura como mirada á mirada que escribe. A natureza como alento e sustento do sentido estético’, un TFM que tamén vén de ser recoñecido na XVI Edición dos Premios á Calidade Lingüística, impulsados desde o Servizo de Normalización Lingüística da USC.

Sara Praza Moreno, nada en Bustarviejo, na serra de Madrid, é mestra de formación e tradutora e revisora de textos. Aprendeu galego pola súa conta, preocupada pola situación social e lingüística galega.  

 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 10.11.2020.