Pasar al contenido principal

A Fundación Rof Codina garante a manutención anual de 300 cans da Protectora de Lugo con alimentos cedidos por Petselect

De esquerda a dereita, Luis Felipe de la Cruz, Ángeles López, e Luis Ramón Martínez, nos exteriores do hospital Rof Codina de Lugo
De esquerda a dereita, Luis Felipe de la Cruz, Ángeles López, e Luis Ramón Martínez, nos exteriores do hospital Rof Codina de Lugo
O xerente do Rof Codina, Luis Felipe de la Cruz Palomino, e o presidente de Petselect, Luis Ramón Martínez, formalizaron este xoves a doazón no Campus de Lugo nun acto ao que tamén asistiu a presidenta da sociedade luguesa, Ángeles López Prado
Lugo

A Fundación Rof Codina garante a manutención anual de máis de 300 cans da Sociedade Protectora de Animais e Plantas de Lugo coa doazón de doce palets de alimento húmido con nutrientes específicos para mascotas proporcionado de xeito altruísta por Petselect, a división de alimentos para mascotas da corporación Jealsa.

O xerente da Fundación Rof Codina, Luis Felipe de la Cruz Palomino, e o presidente de Petselect, Luis Ramón Martínez, formalizaron este xoves nas instalacións lo hospital veterinario do campus lugués esta doazón de recursos alimentarios para mascotas, no marco dun acto no que salientaron o importante labor social que desenvolve a protectora de animais de Lugo a través da prestación de apoio e servizos en favor dos animais menos favorecidos ou abandonados. A presidenta desta sociedade, Ángeles López Pardo, expresou o agradecemento polo recoñecemento do traballo que desenvolve a protectora de animais de Lugo, ao tempo que cualificou de “moi importante”, a axuda recibida a través desta doazón de alimentos.

O lote de produtos de alimentación canina cedido por Petselect, a través da Fundación Rof Codina, á protectora de animais de Lugo suma varias toneladas de compostos granulados, cuxa composición foi deseñada polo equipo de I+D+i  da citada empresa galega, a fin de que estes produtos alimenticios conteñan os complementos proteicos necesarios para a boa alimentación dos animais.

Esta acción de PetSelect encádrase na liña de colaboración que esta empresa galega mantén tanto coa Fundación Rof Codina como con diferente protectoras de animais, actuacións todas elas que forman parte do programa de responsabilidade social corporativa da ‘We Sea’ da división de alimentos para mascotas da corporación Jealsa. Este compromiso coa sustentabilidade e a economía circular tamén queda visible nos envase de cartón ‘Tetra Recart’, elaborados a partir de papel reciclado con menor pegada de carbono, segundo se puxo de manifesto no acto de entrega deste lote de alimentación para mascotas.

De esquerda a dereita, Luis Ramón Martínez, Luis Felipe de la Cruz e Ángeles López, no hospital Rof Codina de Lugo
De esquerda a dereita, Luis Ramón Martínez, Luis Felipe de la Cruz e Ángeles López, no hospital Rof Codina de Lugo
Los contenidos de esta página se actualizaron el 26.11.2020.