Pasar al contenido principal

A mostra fotográfica ‘Camiño’ achega a visión poética de Yasuhiro Yotsumoto

O ‘Camiño’ alberga unha importancia fundamental na espiritualidade de Yasuhiro
O ‘Camiño’ alberga unha importancia fundamental na espiritualidade de Yasuhiro
A exposición pode visitarse no Claustro Alto de Fonseca dende este venres 26 de marzo ata o vindeiro 21 de maio en horario de luns a venres de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30 horas
Santiago de Compostela

Malia ser un referente da poesía xaponesa, Yasuhiro Yotsumoto plasma tamén a súa visión poética do mundo a través da fotografía. A mostra ‘Camiño’, que a partir do venres 26 de marzo e ata o 21 de maio poderá visitarse no Claustro Alto do Colexio de Fonseca, achega parte da procura íntima do eu integrado na natureza.   

Nado en Neyagawa,  o primeiro poemario de Yotsumoto (Warau bagu ‘O bug que ri’) foi publicado en 1991. Dende 1994, reside en Munich, pero iso non lle impediu manterse como unha figura destacada da poesía xaponesa, como o demostra o feito de ser o editor xaponés do sitio Poetry International Rotterdam, ou ter traducido ao mesmo idioma a autores como Emily Dickinson, Dante, Rilke ou Li Po.

O ‘Camiño’ alberga unha importancia fundamental na espiritualidade de Yasuhiro. Non só no seu aspecto relixioso, caso dos tres que se poden contemplar na presente exposición (Santo Andrés de Teixido, Kumano e Fisterra), senón o ‘Camiño’ como parte da procura íntima no seo da natureza. A exposición pode visitarse en horario de luns a venres de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30 horas.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 25.03.2021.