Pasar al contenido principal

Eleccións 2021

Un 8,66 % do alumnado votou para elixir os seus representantes no Claustro Universitario
Un 8,66 % do alumnado votou para elixir os seus representantes no Claustro Universitario
Publicada a proclamación definitiva de candidaturas electas de representantes do alumnado no Claustro Universitario, así como dos representantes de todos os sectores nas Xuntas de Centro e nos Consellos de Departamento e dos representantes de PDI, estudantes de doutoramento e PAS no Comité de Dirección da EDIUS

A proclamación definitiva de candidatos/as electas pon fin ao proceso electoral desenvolvido nas últimas semanas para a elección de representantes do alumnado no Claustro Universitario, así como dos representantes de todos os sectores nas Xuntas de Centro e nos Consellos de Departamento e dos representantes de Persoal Docente e Investigador (PDI), estudantes de doutoramento e Persoal de Administración e Servizos (PAS) no Comité de Dirección da Escola de Doutoramento Internacional (EDIUS).

Participación

Un 8,66 % do alumnado votou para elixir os seus representantes no Claustro Universitario. No caso das eleccións a representantes de xuntas de centro, a participación situouse nun 22,80 %, no caso do Persoal Docente e Investigador (PDI); nun 15,20 % no caso dos estudantes; e nun 24,14 %, no relativo ao Persoal de Administración e Servizos (PAS).

No caso dos consellos de departamento, exerceu o seu dereito ao voto o 36,56 % do PDI e persoal investigador en formación, así como o 2,62 % do alumnado. Non houbo votos nesta categoría por parte do PAS. Finalmente, nas votacións destinadas a elixir o comité de dirección da EDIUS, a participación situouse nun 17,64 %, no caso do PDI; e nun 5,31 %, no caso do estudantado.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 11.05.2021.