Pasar al contenido principal

O proxecto ‘Mentoring’ abre o seu prazo de inscrición ata o vindeiro 16 de outubro

Esta iniciativa proporciónalle ao alumando o contacto cun profesional experimentado
Esta iniciativa proporciónalle ao alumando o contacto cun profesional experimentado
Esta iniciativa introduce ao alumnado nun itinerario de orientación personalizada ao tempo que lle proporciona o contacto cun profesional experimentado
Lugo, Santiago de Compostela

O proxecto ‘Mentoring’ da USC de iniciación á carreira profesional, o cal ten como obxectivo iniciar aos estudantes universitarios e titulados recentes nun itinerario de orientación personalizada e apoio individual, abre o seu prazo de inscrición dende este luns 7 ata o vindeiro día 16 de outubro, ambos os dous incluídos. Esta iniciativa proporciónalle ao alumando o contacto cun profesional experimentado da mesma área de formación ou ámbito profesional que lle ofreza asesoramento, información e apoio para que poida identificar mellor as súas fortalezas, definir o seu proxecto profesional e aproveitar as oportunidades da súa contorna, para mellorar así as súas posibilidades de acceso ao mundo laboral.

O propxecto atópase estruturado en dúas fases. A primeira delas conforma un itinerario de orientación personalizada para a identificación de competencias, definición de intereses e obxectivos profesionais, ou elaboración do currículo. Durante este itinerario o alumnado terá varias entrevistas personalizadas cunha das orientadoras laborais da USC. Durante esta fase ademais haberá un plan formativo dirixido aos participantes que consistirá en accións complementarias de formación dirixidas á mellora da súa empregabilidade (competencias e habilidades transversais, recursos e estratexias de busca de emprego...).

Na segunda fase ou proceso de mentorización, realizarase a adxudicación de mentores/as e iniciaranse as entrevistas co mentor/a asignado. Os obxectivos que se perseguen nesta fase son obter coñecementos da área de traballo de interese; enfocar a busca de emprego desde a perspectiva dos empregadores; coñecer profesionais do sector de interese; coñecer outras alternativas profesionais; clarificar dúbidas sobre a profesión elixida; obter unha perspectiva realista do mundo laboral; conseguir apoio para a definición do obxectivo profesional e de itinerarios formativos; adquirir coñecementos específicos e prácticos sobre a profesión do mentor/a; e lograr apoio para mellorar a adaptar o perfil profesional ao mercado laboral.

Este programa está dirixido a estudantes de máster ou titulados de máster no curso 2018-2019, graduados no pasado ano académico, e estudantes de último curso de grao. Nesta ligazón pode obterse información sobre as bases da convocatoria.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 13.12.2019.