Fondo pesar na USC polo pasamento dos profesores Xosé Duro Vieiro e Salomé Taboada Mella
A USC manifesta o seu fondo pesar polo pasamento dos profesores da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais Xosé Duro Vieiro e Salomé Taboada Mella. Xosé Duro Vieiro pertencía ao Departamento de Economía Aplicada da USC, do que foi secretario, e exerceu como profesor de Facenda Pública e Sistemas Fiscais. Asemade, actuou como secretario do Máster en Administración Financeira e Tributaria e foi vicedecano do centro. Pola súa parte, a profesora Taboada, pertencente ao Departamento de Economía Financeira e Contabilidade, ocupou o posto de directora da Área de Residencias da USC entre os anos 2000 e 2003.
A institución compostelá quere manifestar asemade a dor da comunidade universitaria ante o falecemento da alumna de cuarto de Bioloxía, Rita Nogueira Lobato. Dende a Facultade subliñan a súa condición de “boa e participativa alumna, así como de boa compañeira”.