Pasar al contenido principal

A USC celebra un obradoiro para a detección de proxectos “áncora” para o sector da saúde na Eurorrexión Galicia-norte de Portugal

A USC participa como entidade beneficiaria no proxecto CÓDIGOMÁIS ‘Creación dun Ecosistema Transfronteirizo de Innovación en Saúde’ na Área de Cooperación Galicia-Norte de Portugal (http://es.codigomais.eu) co-financiado ao 75% polo Programa Interreg V-A POCTEP a través do Fondo Europeo de Desevolvemento Rexional da Unión Europea. O obxectivo xeral do proxecto é impulsar a cooperación entre os principais actores públicos e privados, fomentar as capacidades e oportunidades de valorización do coñecemento e estimular o funcionamento dun polo de competitividade de excelencia relacionado co sector da saúde.

Neste marco, a USC ten encomendada a misión de detectar proxectos “Áncora” no sector saúde de Galicia e o norte de Portugal, entendendo por tales aquelas iniciativas innovadoras, lideradas por un ou varios axentes con capacidade de atraer inversións, definir estratexias de compra pública innovadora ou implantar infraestruturas especializadas para desenvolver novos espazos de negocio, promovendo a xeración de riqueza e a creación de emprego cualificado e sostible.

Con este obxectivo e dentro das actividades de CÓDIGOMÁIS, a USC organiza este xoves 28 un obradoiro ao que asistirán unha vintena de entidades do sector da saúde da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal para, a través dun proceso participativo e colaborativo, analizar os retos e oportunidades deste sector nos próximos anos e identificar potenciais proxectos ‘Áncora’ para a súa futura implementación. Para a realización desta análise identificáronse catro espazos de interese prioritarios: medicina personalizada, desenvolvemento de medicamentos e terapias avanzadas, saúde dixital e tecnoloxías médicas e envellecemento.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 28.03.2019.