Pasar al contenido principal

A USC investigará a relación entre a xestión do risco e a mortalidade empresarial en Galicia

A USC investigará a relación entre a xestión do risco e a mortalidade empresarial en Galicia
A USC investigará a relación entre a xestión do risco e a mortalidade empresarial en Galicia
O profesor Xoán Carmona dirixirá o estudo, que abarca o período comprendido entre 1960 e 2007

A Universidade de Santiago de Compostela e Fundación Inade veñen de asinar un contrato de asesoramento e asistencia técnica para investigar a xestión do risco e a mortalidade empresarial en Galicia no período comprendido entre 1960 e 2007. O autor do traballo será o profesor Xoán Carmona, membro do grupo de investigación GESPIC (Grupo de Estudos de Historia Empresarial e Sectorial. Pesca, Industria e Comercio) adscrito ao Departamento de Economía Aplicada da USC.

No transcurso da xuntanza do Círculo de Confianza de Fundación Inade este martes en Santiago, o seu autor presentou as liñas básicas nas que se estruturará o estudo, que “busca demostrar que a mortalidade de moitas empresas en Galicia nese período estaba directamente relacionada coa falta de xestión de riscos”. Explicou ademais que unha parte importante do traballo será a exposición de casos que exemplifiquen a situación e mostren a necesidade dunha política integral de xestión de riscos, “unha cuestión aínda moi deficiente en Galicia.”

Segundo un traballo realizado en 2015 pola USC para a Fundación, o 75% das empresas galegas non xestiona de forma adecuada os seus riscos, polo que en caso de manifestarse poden impactar na conta de resultados e no balance e producir unha grave crises nos proxectos empresariais, acarreando nalgúns casos o peche da empresa, destruíndo así postos de traballo e riqueza económica.

A liña investigadora de Xoán Carmona centrouse inicialmente na historia marítima e industrial, ampliándose posteriormente á historia empresarial e ao patrimonio industrial, ámbito no que dirixiu teses de doutoramento e diversos proxectos de investigación competitivos. Ademais, publicou numerosos libros, entre os que destacan El atraso industrial de Galicia. Auge y liquidación de la industria textil rural, 1750-1900, El empeño industrial de Galicia. 250 años de historia e os volumes de historia empresarial que coordinou e dirixiu entre 2006 e 2009: Empresarios de Galicia e Las familias de la conserva. El sector de las conservas de pescado a través de sus sagas familiares.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 28.02.2018.