Pasar al contenido principal

Cautela no uso do correo electrónico

Medidas para non caer en ataques de suplantación de identidade ou fraude

A través do correo electrónico poden chegarnos múltiples mensaxes fraudulentas con diversas intencións (todas malas):

  • Obter as nosas credenciais de acceso aos sistemas da USC, ou ás webs que usamos na vida cotiá, suplantando os servizos da USC ou as empresas que nos prestan servizos de telefonía, internet e redes sociais.
  • Infectar o noso ordenador con programas maliciosos para espiar a nosa actividade, mesmo a bancaria, obter o control do sistema ou encriptar os datos e programas almacenados para pedir un rescate.
  • Enganarnos para transferir cartos aos delincuentes, pensando que estamos a pagar unha factura lexítima dun provedor.
  • Calquera trampa, estafa ou engano que se lles ocorra aos delincuentes, que estarán a imaxinar agora mesmo.

Presentamos algúns consellos para non baixar a garda nas medidas de protección, xunto con exemplos de correos reais recibidos con intención fraudulenta.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 03.02.2023.