Pasar al contenido principal

A Asociación de Amigos do Museo de Historia Natural da USC entrega os premios do seu III Concurso de Nadal

A Asociación de Amigos do Museo de Historia Natural da USC entrega os premios do seu III Concurso de Nadal
A Asociación de Amigos do Museo de Historia Natural da USC entrega os premios do seu III Concurso de Nadal

A Asociación de Amigos do Museo de Historia Natural da USC entrega este mércores 28 os premios do seu III Concurso de Nadal, ao que se presentaron máis dun centenar de traballos que nesta ocasión versaron sobre os riscos naturais e os danos que poden causar á natureza. O acto terá lugar no propio museo a partir das 19.30 horas.

No caso das participacións individuais, os gañadores nas diversas categorías por idade foron Iván Silva Torres, de 8 anos, polo traballo O correo do Museo; Tomás Caamaño Corral, de 9 anos, por Rosco catastrófico; Sara Marcos Lamas, de 15, por Sen nome; e Anxo López González, de 30 anos, polo traballo Miravella.

Nas categorías colectivas concedéronse catro premios, dous deles na de 5 a 8 anos: un ao conxunto de traballos presentados por Macarena Cornide Petronio e outro ao presentado por Raquel Garabatos Rodríguez, nos dous casos do alumnado de 2º de primaria do Colexio Manuel Peleteiro. Na categoría de 9 a 13 anos gañou La familia volcánica, no que participaron Inés Diéguez, Antón Garrido, Deva Pérez e Lía Carracedo. Na de 14 a 17 anos, o traballo gañador foi o presentado por Sara Pereira Costa, Tsunami, no que participaron Carlota Agrafojo e Julia Cuíñas.

O xurado estivo formado pola vicepresidenta da asociación, Mª Isabel Fraga; o tesoureiro, Roberto Almuiña Díaz; o secretario, Francisco Caamaño Isorna, e as vogais Rosario García-Echave López e Adela Vázquez. Os premios entregaranse próximamente nun acto no que participará o reitor da USC e presidente da Asociación de Amigos do Museo, Juan Viaño Rey, no Museo de Historia Natural da USC.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 27.02.2018.