Xornada de estudo en Dereito sobre a inclusión do Sahara Occidental nos acordos UE-Marrocos
O Salón de Graos da Facultade de Dereito acollerá o vindeiro luns, 3 de decembro, a xornada ‘O problema da inclusión do Sáhara Occidental nos acordos UE-Marrocos’, dirixida polo catedrático de Dereito Constitucional e director do Centro de Estudos sobre o Sahara Ocidental (CESO) da USC, Carlos Ruiz Miguel.
A xornada comezará coas intervencións de Javier Andrés González Vega, catedrático de Dereito Internacional da Universidade de Oviedo, e do propio Carlos Ruiz Miguel tituladas ‘A xurisprudencia do TJUE sobre os acordos UE-Marrocos’ e ‘A UE e o Sahara Occidental (non só) unha cuestión de dereitos humanos’, respectivamente. A eles seguiralles Diana Tsutieva, avogada en Foley Hoag (Washington), que analizará o dereito internacional relacionado coas actividades económicas en territorios non autónomos, e especialmente o caso do Sahara Occidental.
Na sesión da tarde participarán Susan Power, catedrática de Dereito Internacional no Griffith College Dublin; Eugenia López-Jacoiste, profesora de Dereito Internacional da Universidade de Navarra; e a eurodeputada Paloma López Bermejo.