Pasar al contenido principal

Alumni USC organiza un obradoiro de observación e fotografía microscópica

Cartel do obradoiro a desenvolver a vindeira semana
Cartel do obradoiro a desenvolver a vindeira semana

Alumni USC organiza a xornada ‘A vida baixo o microscopio. Obradoiro de observación e fotografía microscópica’, deseñada como unha introdución ao manexo do microscopio e ao emprego das tecnoloxías de tratamento das imaxes, que constitúen un recurso didáctico moi potente. É unha actividade gratuíta de interese para persoas que se dedican á investigación ou á docencia, especialmente en secundaria, e tamén para aquelas que teñan gusto polo coñecemento da natureza e moi especialmente para o alumnado dos últimos cursos de grao e de máster.

O doutor en Bioloxía Antonio Guillén Oterino, actualmente profesor de secundaria en Logroño, impartirá o programa repartido entre os días 5 e 6 de outubro en horario de 10 a 14 e de 16 a 18 horas no Laboratorio de prácticas número 3 da Facultade de Bioloxía, Guillén Oterino conta con numerosos premios e recoñecementos nacionais e internacionais pola súa moi innovadora actividade docente. Xa ten colaborado con anterioridade con Alumni USC, recentemente cunha charla sobre a contaminación do lago de Sanabria.

As persoas interesadas deberán inscribirse entre as 9.00 horas do luns 1 de outubro e as 14.00 horas do xoves 4 de outubro 2018. Para acadar máis información, poder dirixirse á web de Alumni USC.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 27.09.2018.