Pasar al contenido principal

Últimos días para inscribirse no IV Congreso Internacional 'O Camiño do Medievalista'

A configuración do espazo medieval, o poder da escrita, os trobadores e as tradicións románicas, así como a muller na sociedade medieval conforman as temáticas das mesas redondas que o congreso acolle na súa xornada inicial
A configuración do espazo medieval, o poder da escrita, os trobadores e as tradicións románicas, así como a muller na sociedade medieval conforman as temáticas das mesas redondas que o congreso acolle na súa xornada inicial
Este foro que se desenvolverá do 7 ao 9 de xullo, constitúe un encontro aberto a todas as disciplinas e ramas dos estudos medievais
Santiago de Compostela

Baixo o lema “Renovatio Ordinis”, o IV Congreso Internacional 'O Camiño do Medievalista' propón un encontro aberto a todas as disciplinas e ramas dos estudos medievais. O obxectivo é proporcionar aos mozos investigadores un foro que poida facilitar o intercambio de proxectos e ideas. O evento deste ano, cuxa inscrición permanece aberta ata o 6 de xullo, celebrarase de forma semipresencial (presencial e telemática) os días 7, 8 e 9 deste mes.

A configuración do espazo medieval, o poder da escrita, os trobadores e as tradicións románicas, así como a muller na sociedade medieval conforman as temáticas das mesas redondas que o congreso acolle na súa xornada inicial. O xoves 8 será a quenda das narrativas literarias e visuais, da construción do poder real, así como da representación do poder na Idade Media. A derradeira xornada poñerá o foco nas visións da Idade Media, así como no culto e nas representacións dos santos nesta etapa, as representacións históricas e literarias, e o vínculo entre violencia e poder.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 02.07.2021.