Pasar al contenido principal

O grupo Novos Medios deseñará para a Xunta un proxecto dixital para investigar sobre o neofalantismo do galego

Estudante en biblioteca con portátil
O proxecto desenvolverase ata o próximo 2023. Foto: Santi Alvite
A proposta inclúe o desenvolvemento dunha web específica e o aproveitamento de ferramentas interactivas para a creación de comunidades virtuais de todo o mundo
Santiago de Compostela

A USC e a Xunta colaborarán nun proxecto que apoiándose nas tecnoloxías busca avanzar no estudo do neofalantismo. Así analizará como está a ser o proceso de incorporación de uso do galego por parte das persoas que tiveron o castelán como primeira lingua. Neste senso, a proposta inicial inclúe a elaboración dun portal e o aproveitamento de aplicacións sociais para implicar a colectivos que optaron por incorporar a lingua galega nas súas interaccións cotiás.

O grupo Novos Medio da USC deseñará un sitio web e traballará na posta en marcha dunha ferramenta tecnolóxica interactiva que funcionará a xeito de rede social entre a comunidade neofalante e favorecerá a creación de comunidades virtuais de todo o mundo que empreguen o galego. A web servirá tamén como fío de contacto entre distintos sectores que empregan a lingua galega para facer negocio, polo que se creará unha área empresarial específica destinada a conectar a responsables de empresas ou persoas interesadas en crear negocios e a servir de enlace entre estes, en distintos países, a través da lingua galega. O proxecto será desenvolvido desde este ano e ata 2023 por parte da USC.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 22.07.2021.