Pasar al contenido principal

A bailarina e Premio Max Eshter Latorre guía o luns 19 un taller sobre movemento corporal na Aula de Teatro do campus de Lugo

Eshter Latorre, en Lugo
Eshter Latorre, en Lugo
Latorre, vinculada profesionalmente á compañía valenciana Maduixa, participa este venres no campus lugués nun encontro co elenco da compañía de teatro USC-Lugo

A bailarina profesional luguesa e Premio Max 2017 ao mellor espectáculo na rúa como integrante da compañía Maduixa por ‘Mulïer’, guiará este luns 19 de febreiro, a partir das 20.30 horas, na Aula de Danza e Teatro da Facultade de Veterinaria de Lugo, un obradoiro sobre movemento corporal aberto á participación do alumnado inscrito nas distintas actividades formativas programadas pola Aula de Teatro da USC no campus de Lugo, así como ao elenco actoral integrado na compañía teatral USC-Lugo.

A coordinadora da Aula de teatro no Campus Terra e directora da compañía de teatro universitaria USC-Lugo, Paloma Lugilde, adiantou que o obradoiro sobre movemento corporal impartido por Esther Latorre afondará sobre a importancia que ten a expresión corporal no eido da representación teatral, ao tempo que servirá de ensaio intensivo para os actores da compañía de teatro USC-Lugo, unha formación que está xa a traballar na preparación da montaxe ‘WK’, “unha peza na que a liberdade de movemento corporal é fundamental”, dixo Lugilde.

Esther Latorre, graduada en Danza Contemporánea no Conservatorio Profesional de Danza de Lugo e actualmente vinculada á compañía Maduixa, de Valencia, onde reside, a aproveitará a súa estadía na capital luguesa para participar en diversos encontros con diversas formacións e escolas de teatro e danza. De feito, a artista luguesa manterá xa este venres, a partir das 20.30 horas, un primeiro encontro cos integrantes da compañía de teatro USC-Lugo.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 16.02.2018.