O xerente de Casa Grande de Xanceda fala no Campus Terra sobre valorización da produción primaria e venda de ecolóxicos
A sesión, promovida polo grupo de innovación docente Ruralia, será este mércores, a partir das 16.00 horas, na Aula 1 da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
O xerente de Casa Grande de Xanceda, Guillermo Martínez, o frecerá este mércores 21 de febreiro, a partir das 16.00 horas, na Aula 1 da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra da USC, un relatorio baixo o título ‘Valorización da produción primaria e comercialización de elaborados lácteos ecolóxicos: Casa Grande de Xanceda’.
Esta actividade formativa e de divulgación, promovida polo grupo de innovación docente da USC Ruralia no marco do ciclo ‘Na EPSE queremos saber’, pretende afondar e debater sobre as posibilidades que teñen as unidades de produción agraria para iniciar procesos de transformación en venda de produtos alimentarios.