Pasar al contenido principal

Última semana para solicitar as prácticas extracurriculares do Consello Social

Imaxe de arquivo dunha aula
Imaxe de arquivo dunha aula
Pódense solicitar ata o 2 de marzo

Ata o 2 de marzo pódese solicitar a inscrición no Programa de Prácticas Extracurriculares do Consello Social, aquelas prácticas non obrigatorias pero si complementarias para a formación integral do alumnado e que figurarán tanto no expediente académico como no Suplemento Europeo ao Título. Este período poderá realizarse en empresas, institucións e entidades públicas e privadas de ámbito nacional, así como na propia universidade.

O alumnado interesado en participar deberá estar matriculado nun grao da USC, e non terá cuberto o número máximo de créditos de prácticas externas nin realizado o depósito do título. As persoas interesadas poderán elixir realizar a práctica entre as ofertas da convocatoria do Consello Social ou ben nunha entidade ou empresa da súa elección, para o que será preciso establecer un convenio de colaboración educativa específico. Neste último suposto, o/a estudante que propiciara o convenio terá dereito preferente e por unha soa vez a desenvolver as prácticas na entidade asinante.

Independentemente da opción elixida, o alumnado interesado debera presentar a súa solicitude en formato orixinal no Departamento de Prácticas do Consello Social. A selección de candidatos realizarase tendo en conta a media do seu expediente académico, agás as candidaturas por adxudicación preferente, e será o propio alumnado seleccionado quen elixa, de acordo co titor de empresa, as datas e o horario da práctica.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 03.05.2022.