Pasar al contenido principal

Os Ies Xoán Montes, de Lugo, e Rosalía de Castro, de Santiago, gañan as fases da IX Olimpíada de Xeoloxía celebradas na USC

Participantes nas probas da fase luguesa da I Olimpíada de Xeoloxía
Participantes nas probas da fase luguesa da I Olimpíada de Xeoloxía
Os lugueses Pablo Gallego e Jorge Rábade e as compostelás Antía Vilas e Lucía Gontán representarán a Galicia o 17 de marzo en Segovia na fase española da competición

Os Ies Xoán Montes, de Lugo, e Rosalía de Castro, de Santiago, proclamáronse campións absolutos das fases da IX Olimpíada de Xeoloxía celebradas na USC, despois de que o alumnado destes centros educativos acadara a práctica totalidade dos premios individuais e por equipos nas fases provincias do torneo celebras na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do campus de Lugo e na Facultade de Bioloxía, en Compostela, nas que formalizaron a súa inscrición 59 e 64 estudantes, respectivamente.

O premio para o vencedor absoluto da fase luguesa da IX Olimpíada de Xeoloxía foi para o alumno de cuarto da ESO do Xoán Montes Pablo Gallego Arias, quen con este triunfo certificou a súa clasificación para participar na fase nacional da IX Olimpíada de Xeoloxía, que se celebrará o 17 de marzo en Segovia. Os seus compañeiros de curso no mesmo centro Jorge Rábade Alonso e Jacobo Fariñas Varela acadaron o segundo e o terceiro premio respectivamente, mentres que Martín González Rodríguez tamén estudante de último curso da ESO no mesmo centro, mereceu tamén un accésit.

Na competición por equipos, na que participaron grupos formados por alumnado dos Ies Nosa Señora dos Ollos Grandes de Lugo, Ies Gregorio Fernández de Sarria, Ies Xoán Montes de Lugo e IES Aquis Querquenis de Bande (Ourense), o galardón ao conxunto mellor clasificado foi para o formado por Cristian Gallego Anello, Raúl García Pacios, Tomás Iglesias García e Pablo Gallego Arias, alumnos do IES Xoán Montes de Lugo.

A alumna de 2º de BAC do IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela Antía Vilas Oliveira proclamouse campiona da provincia da Coruña nesta edición da Olimpíada de Xeoloxía. A súa compañeira de curso no mesmo instituto compostelán Lucía Gontán Iglesias rematou as probas desenvolvidas na Facultade de Bioloxía da USC coa segunda mellor clasificación, mentres que Catuxa Casteleiro Deus, tamén alumna de 2º de BAC no Ies Rosalía de Castro, rematou en terceira posición. O accésit co que a organización distingue ao estudante de ESO mellor clasificado na fase coruñesa da IX Olimpíada de Xeoloxía foi para Marta Rodríguez Lorenzo, do Ies de Brión.

Unha vez rematadas a fases provinciais da IX Olimpíada de Xeoloxía, un certame promovido a nivel nacional pola Asociación Española para o Ensino de

colaboración coa Sociedade Española de Xeoloxía e o Colexio Oficial de Xeólogos que citou 202 estudantes de 18 centros de Galicia, nos dous centros xa citados da USC, así como na Facultade de Ciencias de Ourense e na Escola de Minas de Vigo, os mellores clasificados de cada provincia participarán no campionato nacional.

Daquela, os lugueses Pablo Gallego e Jorge Rábade, así como as estudantes compostelás Antía Vilas e Lucía Gontán, conformarán, xunto cos gañadores de Pontevedra, a representación galega que compita o 17 de marzo en Segovia na fase nacional da IX Olimpíada de Xeoloxía. Deste campionato, convocado un ano máis polo Colexio de Xeólogos, a Sociedade Xeolóxica Española e a AEPECT (Asociación Española para a Ensinanza das Ciencias da Terra), sairá a selección que represente a España na fase internacional do torneo, unha competición que se desenvolverá no mes de agosto en Tailandia.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 08.02.2018.