Pasar al contenido principal

Aberta a convocatoria de mobilidade por convenio bilateral para a realización de estudos en universidades de países extracomunitarios

O prazo permanecerá aberto ata o 14 de febreiro
O prazo permanecerá aberto ata o 14 de febreiro
Pódese solicitar ata o 14 de febreiro e facilitará a realización de estudos en universidades de países de América latina, Estados Unidos, Canadá, Australia, Rusia, Xapón, República Popular de China,...

A convocatoria de mobilidade por convenio bilateral para o próximo curso 2018-2019 permanecerá aberta ata o 14 de febreiro, tanto para alumnado de grao como de máster. A convocatoria está dirixida á realización de estudos en diversos universidades de países extracomunitarios, nomeadamente países de América latina, Estados Unidos, Canadá, Australia, Rusia, Xapón, República Popular de China, Corea do Sur ou Taiwán e coas que a USC ten formalizado un convenio de intercambio bilateral de estudantes. Esta convocatoria será única tanto para o alumnado que vai solicitar a realización de estudos durante o primeiro ou no segundo semestre, así como curso completo.

A mobilidade poderá solicitala estudantado matriculado este curso na mesma titulación para a que solicita o intercambio e que deberá corresponderse a estudos conducentes a obtención dun título de grao ou máster acreditando unha nota media mínima de 6.

A comezos do mes de febreiro, a Vicerreitoría de Internacionalización organizará unha serie de charlas informativas en diversos centros dos campus de Santiago e Lugo. Ademais, as persoas interesadas poderán realizar as súas consultas no correo electrónico bilateral.exchange [at] usc.es (bilateral[dot]exchange[at]usc[dot]es) ou consultar a información dispoñible na web da convocatoria.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 25.01.2018.