Campus na Nube achega á comunidade universitaria o servizo de impresión a domicilio
O Servizo de reprografía, edición e impresión dixital Campus na Nube pon a disposición da comunidade universitaria un servizo de impresión a domicilio para aquelas persoas que desexen recibir os seus documentos impresos directamente no enderezo particular. Así, o alumnado poderá solicitar a impresión dos apuntamento das materias e o PDI e o PAS terán á súa disposición un servizo de impresión rápida para recibir documentos en 24 horas no lugar sinalado.
O acceso a esta utilidade de impresión a domicilio pode realizarse a través da web de Campus na Nube. Na aplicación deste servizo é preciso engadir o documento a imprimir, incluíndo a posibilidade de especificar o número de páxinas e as opcións do proceso de impresión: cor ou branco e negro, número de copias ou tipo de encadernación, entre outras cuestións.