Clausura do Curso de experto en intelixencia emocional e benestar organizacional
A clausura do primeiro Curso de experto en intelixencia emocional e benestar organizacional, único na oferta da universidade pública española, celébrase este venres na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais coa asistencia da vicerreitora de Titulacións e Captación Internacional, María Xosé López Couso; a directora do Centro de Estudos Propios, Ana Díaz; así coma a directora do curso, María Cadaval, e a coordinadora do mesmo, Ana Framiñán.
Este curso, dirixido a profesionais e CEOs de empresas enmárcase na aposta da USC pola formación continua que acompaña ás persoas ao longo da vida para facilitar a adaptación constante ás contornas laborais cambiantes. Nel os alumnos teñen a a oportunidade de adquirir o coñecemento, a metodoloxía e as ferramentas precisas para afrontar novos retos empresariais e conseguir maior eficiencia na xestión dos equipos e das persoas.