Pasar al contenido principal

O Instituto da Lingua Galega celebra o quinto Coloquio de Lingüística Histórica

Este xoves 25 e o venres 26 o Instituto da Lingua Galega (ILG) celebra o quinto Coloquio Lingüística Histórica dedicado a lingüística histórica e toponimia galego-portuguesa. Nesta nova edición e seguindo a traxectoria das anteriores, o encontro propón camiños de exploración interdisciplinar, nesta ocasión compartidos coa toponomástica. As coordenadas espazo-temporais de análise serán as do dominio galego-portugués en todo o seu percurso histórico. A inauguración oficial celebrarase ás 10.00 horas para, deseguido, dar paso ao programa do encontro.

Respondendo á vontade da práctica investigadora interuniversitaria, comparecen no programa do Coloquio especialistas destas dúas disciplinas que ofrecerán ollares multidisciplinares, coas voces toponímicas como denominador común e a historia, a xeografía, a lingüística e o procesamento da linguaxe natural como perspectivas de análise.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 24.01.2018.