Pasar al contenido principal

O profesor Julián Álvarez toma posesión este xoves como decano de Medicina e Odontoloxía

O reitor Juan Viaño preside este xoves 11 a toma de posesión do catedrático de Anestesioloxía e Reanimación Julián Álvarez Escudero como decano da Facultade de Medicina e Odontoloxía, cargo para o que foi elixido no mes de outubro. A sesión celebrarase a partir das 13.30 horas no Salón de Graos do Colexio de San Xerome.

Ata a actualidade director do Departamento de Cirurxía e Especialidades Médico-Cirúrxicas, o Julián Álvarez Escudero é xefe do Servizo de Anestesioloxía, Reanimación e Tratamento da Dor do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, ademais de presidente da Sociedade Española de Anestesioloxía, Reanimación e Terapéutica da Dor así como da Comisión Nacional da Especialidade.

Completan o equipo decanal os profesores José Martín Carreira Villamor como vicedecano de Docencia Clínica e Jacobo Limeres Posse como vicedecano de Odontoloxía, e as profesoras Ángela J. Torres Iglesias en calidade de vicedecana de Intercambios, Calidade e Innovación Docente e María Teresa Castaño Oreja como secretaria do centro.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 10.01.2018.