Pasar al contenido principal

Unhas xornadas en Farmacia abordan a realidade profesional da distribución farmacéutica

De esquerda a dereita: Francisco Otero, Antonio López e Antonio Mingorance
Unha xornada en Farmacia aborda Farmacia aborda a realidade profesional da distribución farmacéutica. Foto: Santi Alvite
Coa colaboración de Bidafarma, as xornadas abordan diversas cuestións relacionadas coa distribución farmacéutica e coa innovación tecnolóxica ao servizo da saúde

Farmacia acolle as Xornadas profesionais en Galicia co lema ‘Bidafarma, distribución farmacéutica, relación coa universidade e saídas profesionais’. A sesión inaugural presidiuna o reitor Antonio López, xunto a quen tamén interveu o presidente do grupo Bidafarma, Antonio Mingorance Gutiérrez, e o decano da Facultade, Francisco Otero Espinar.

A xornada deste xoves 14 e o venres 15 incluía no seu programa un conxunto de intervencións que analizaron a realidade da práctica profesional farmacéutica no relativo aos proceso de distribución, así como aqueles procesos vinculados, con particular atención á loxística farmacéutica e particularmente coa innovación tecnolóxica ao servizo da saúde. Outras cuestións presentes nas intervencións programadas apuntaron cara o papel asistencial deste colectivo profesional.

O programa deseñado rematará o día 12 de novembro cunha sesión sobre solucións innovadoras en saúde promovidas dende as farmacias, na que está previsto que alumnado presente os seus proxectos en base aos contidos de cada unha das sesións celebradas.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 15.10.2021.